Site icon Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

Convocatoria de Proxectos de Investigación Clínica Independente do Instituto de Salud Carlos III

O Instituto de Saúde Carlos III deu difusión (pendente de publicación en BOE) á convocatoria correspondente ao ano 2019 de Proxectos de Investigación Clínica Independente.

A convocatoria define, entre outros, os seguintes criterios:

Os contidos dos proxectos deberán estar referidos ás seguintes áreas temáticas prioritarias:

a) Medicamentos de terapia avanzada, incluíndo terapia celular, terapia génica e enxeñaría tisular.

b) Medicamentos orfos segundo o disposto no Regulamento (CE) 141/2000 e medicamentos de alto interese sanitario «sen interese comercial».

c) Investigación clínica orientada a reducir as resistencias aos antibióticos.

d) Investigación clínica de medicamentos para poboacións especiais, en particular en poboación pediátrica, ou poboacións infra-representadas nos ensaios clínicos comerciais.

e) Investigación clínica, estudos fármaco-epidemiolóxicos e de seguridade clínica de medicamentos autorizados en condicións reais de uso.

f) Investigación clínica e estudos comparativos de medicamentos no ámbito das estratexias de control, con impacto na saúde pública para o SNS.

g) Ensaios clínicos, incluíndo estudos fármaco-xenéticos, encamiñados a determinar poboacións con distinto grao de resposta, en eficacia e/ou seguridade, a fármacos con relevancia clínica e terapéutica na práctica asistencial.

Data publicación BOE: 19/09/2017
Prazo interno presentación de documentación en Fundación para priorización dos proxectos : 19/08/2018
Xestor de contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981 17 80 00
Extensión: 292159
Link de acceso e documentos en modelos normalizados: https://www.isciii.es/quehacemos/financiacion/solicitudes/paginas/default.aspx

Resolución e Formularios:

BOE:

Resolución:

Formularios: ,

Exit mobile version