Site icon Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria convocan, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de apoio á etapa predoctoral.

Modalidades:

Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente con FSE destinadas ao apoio á etapa predoctoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos desafíos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada ou proposta para dirixir ou codirigir a tese, que cumpra os requisitos establecidos nas bases de convocatoria.

Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoctoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.

Prazo Presentación: Un mes

Duración: Tres anos

Requisitos:

Para ambas as modalidades prevese a posibilidade de realizar estancias de tres meses de duración no estranxeiro que favorezan un avance na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que consigan a mención de doutora ou doutor internacional.

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono:
981178150
Extensión: 292159

Bases: Axudas Predoctorales

Exit mobile version