A Fundación Ramón Areces anuncia a convocatoria de Axudas destinadas a financiar proxectos orixinais de investigación cunha duración de tres anos que supoñan un avance no coñecemento científico e contribúan ao progreso tecnolóxico e da nosa sociedade.
Cada equipo investigador poderá presentar unha soa proposta, indicando a área temática na que desexe concorrer. Dita proposta deberá encadrarse necesariamente nunha das seguintes áreas prioritarias:
- Enfermidades raras
- Terapia personalizada, inmunoterapia e cancro
- Infección: alerta temperá, prevención e tratamento
- Avellentamento e enfermidades neurodexenerativas
- Diálogo intercelular e Interactoma: implicacións patolóxicas
- Biotecnoloxía alimentaria
- Cambio climático e enerxías renovables
- Novos materiais. Fundamentos e aplicacións
Valorarase de maneira preferente a participación, como responsables principais, de investigadores españois novos, que non conten con abondosos recursos de financiamento, na medida en que a Axuda poida supoñer un impulso significativo para o desenvolvemento das súas liñas de investigación.
A duración dos proxectos será de tres anos e a cantidade máxima solicitada non deberá exceder dos 160.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de abril.
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón web: https://www.fundacionareces.es/fundacionareces/es/convocatorias/xxiii-concurso-nacional-de-ayudas-a-la-investigacion-en-ciencias-de-la-vida-y-de-la-materia.html
