Site icon Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

Convocatoria de Axudas á Investigación Ignacio H. de Larramendi 2026 da Fundación Mapfre

A Fundación Mapfre convoca as Axudas á investigación Ignacio H. de Larramendi 2026 dirixidas a proxectos de investigación relacionados coa promoción da saúde (dotación máxima 30.000 euros) ou co seguro e a previsión social (15.000 euros).

Os proxectos de promoción da saúde deberán encadrarse nas seguintes temáticas:

  • Estratexias e educación para o cambio de hábitos: prevención da obesidade, fomento da actividade física e benestar emocional (incluíndo o uso axeitado de novas tecnoloxías).
  • Educación en manobras de emerxencia para a poboación xeral.
  • Valoración do dano corporal: avaliación das consecuencias dun evento (traumático ou accidental, neglixencia médica, agresión ou enfermidade) sobre a saúde do individuo e repercusión que terá nas actividades esenciais da vida ordinaria e outras actividades específicas de desenvolvemento persoal (dano moral, perda de calidade de vida).
  • Xestión sanitaria: calidade e seguridade clínica.
  • Lonxevidade e influencia dos estilos de vida.

O prazo para a presentación de propostas estará aberto até o 22 de outubro ás 14:00 horas.

Xestora de contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón web: https://www.fundacionmapfre.org/premios-ayudas/investigacion-ignacio-larramendi/

Bases da Convocatoria:

Exit mobile version