Site icon Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

Convocatoria de Bolsas Gilead á Investigación Biomédica

Gilead Sciences publicou a súa 11ª convocatoria de bolsas á investigación biomédica nas seguintes áreas: VIH, covid-19, hepatite delta, linfomas non Hodkin de células B e oncoloxía médica (as liñas de investigación admitidas detállanse nas bases).

A dotación da axuda para cada proxecto non poderá exceder os 55.000 euros e o prazo de execución non poderá ser superior aos 24 meses. Nesta convocatoria toda a información ha de ser presentada en inglés.

-Características e categorías dos grupos de investigación:

– Presentación de solicitudes:

As solicitudes para tomar parte na presente Convocatoria haberán de formularse en liña a través da presente web  www.BecasGileadInvestigacion.es.Cada investigador principal só poderá presentar unha proposta de Proxecto de Investigación. Poderanse presentar un máximo de dous Proxectos por área terapéutica e centro asistencial sanitario. Entenderase por centro asistencial sanitario aquel a o cal está adscrito o investigador principal do proxecto.

Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Bases da convocatoria:
Máis información: https://becasgileadinvestigacion.es/

Exit mobile version