La Fundación «la Caixa» lanza unha nova convocatoria do seu Programa CaixaImpulse Innovación que se organiza en tres fases de acordo coa madurez dos proxectos:
- Fase 1, deseñada para apoiar os proxectos que xeren unha demostración preliminar dunha hipótese xurdida de achados científicos para un ou varios posibles activos, e inicien a protección dos dereitos de propiedade intelectual. Importe máximo: 50.000 euros.
- Fase 2, para apoiar os proxectos que xa identificaron e caracterizaron un ou varios activos e que requiren máis validación e desenvolvemento, e que perfilan o deseño do prototipo a través da validación do uso previsto. Importe máximo: 150.000 euros.
- Fase 3, para proxectos que iniciaron a presentación regulamentaria e requiren unha caracterización avanzada dos seus activos, estratexias de viabilidade financeira e/ou están a explorar modelos de explotación. Importe máximo: 500.000 euros.
Os candidatos poderán solicitar calquera das etapas e, unha vez seleccionados, seguir avanzando por elas tras cumprir as metas requiridas e superar unha avaliación por expertos independentes.
Data límite para a presentación de propostas: 19 de febreiro de 2026 (14:00 h).
Persoa de contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón web: https://caixaresearch.org/es/convocatoria-caixaimpulse-innovacion-salud
