Site icon Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

Convocatoria GAIN, propostas de Investigación e innovación Covid- 19

A Axencia Galega de Innovación – Xunta de Galicia lanzou unha chamada para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación na loita contra o novo coronavirus.

O obxectivo é recoller propostas, a través dun formulario web, para empresas ou centros de coñecemento que dispoñan de solucións innovadoras maduras que axuden a loitar contra o COVID-19.

Estas solucións innovadoras teñen que poder implementarse nun prazo de tempo moi curto, en ámbitos directamente relacionados co brote do COVID-19. Por exemplo:

Trátase de achegar solucións que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus.

A Axencia Galega de Innovación realizará un filtro das propostas que cheguen e ofrecerá financiamento para aquelas que resulten de interese.

O prazo límite para achegar as solucións é o venres 27 de marzo.

Adxúntase link de acceso ao formulario:

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Link de acceso: http://gain.xunta.gal/artigos/432/investigacion+innovacion+fronte+ao+coronavirus

Link ao Formulario: http://xornadas.galiciainnovacion.es/covid19/index.php

Exit mobile version