O luns 18, martes 19 e mércores 20 de maio celebrarase o “Pint of Science A Coruña 2026”.
Este evento ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes e relevantes sobre as últimas investigacións científicas nun formato accesible para o público, principalmente en bares, pubs e cafetarías. Cada charla terá unha duración de 15 minutos.
Os locais e os horarios seleccionados para o desenvolvemento do evento son o Árnica ás 20:00 e o Frei Caneca ás 19:00.
O festival Pint of Science celébrase en máis de 500 cidades simultaneamente, en centos de escenarios de todo o mundo, os días 18, 19 e 20 de maio. En España, esta iniciativa realízaa persoal voluntario coordinado pola Asociación de Divulgación Científica “Pint of Science España”, unha asociación sen ánimo de lucro creada co único propósito de organizar este festival.

