Site icon Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

XXVIII Premio Rafael Hervada á Investigación Biomédica

A Fundación San Rafael da Coruña anuncia a convocatoria da XXVIII edición do Premio “Rafael Hervada” á investigación Biomédica 2022.

O Premio Rafael Hervada é un referente nacional e internacional no ámbito da investigación médica, aberto a doutores e licenciados en Ciencias da Saúde e afíns. Ten como obxectivo poñer en valor a innovación e a investigación científica e médica, como un dos valores fundamentais do Hospital San Rafael e a Fundación San Rafael, xunto coa función asistencial e a formación.

Os candidatos que pretendan participar deberán remitir a súa solicitude, contendo un exemplar do traballo sobre o tema obxecto do premio na presente convocatoria. Os traballos deben ser orixinais, en formato artigo (non se aceptan revisións, capítulos de libro, nin cartas ao editor) ou Teses Doutorais. Os traballos poden estar publicados, en prensa, aceptados, enviados para a súa publicación en calquera revista científica ou en fase de preparación. Os traballos poden estar escritos en galego, castelán ou inglés.

Documentos que han de presentar os candidatos:

Xestor de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón de Interese: https://fundacionsanrafael.org/

Exit mobile version