maio, 2026
18maiDía20Pint of Science 2026(Día)

Detalles do evento
O luns 18, martes 19 e mércores 20 de maio celebrarase o "Pint of Science A Coruña 2026". Este evento ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes e relevantes sobre as últimas
Máis
Detalles do evento
O luns 18, martes 19 e mércores 20 de maio celebrarase o “Pint of Science A Coruña 2026”.
Este evento ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes e relevantes sobre as últimas investigacións científicas nun formato accesible para o público, principalmente en bares, pubs e cafetarías. Cada charla terá unha duración de 15 minutos.
Os locais e os horarios seleccionados para o desenvolvemento do evento son o Árnica ás 20:00 e o Frei Caneca ás 19:00.
O festival Pint of Science celébrase en máis de 500 cidades simultaneamente, en centos de escenarios de todo o mundo, os días 18, 19 e 20 de maio. En España, esta iniciativa realízaa persoal voluntario coordinado pola Asociación de Divulgación Científica “Pint of Science España”, unha asociación sen ánimo de lucro creada co único propósito de organizar este festival.
Hora
maio 18 (Luns) - 20 (Mércores)