A Comisión Europea e outros axentes europeos están a organizar unha serie de eventos entre os meses de setembro e novembro de 2026 con relevancia para o ámbito da saúde. Facilitamos un listado por orden de datas:

  • 5 years Cancer Mission
    Do 29 de setembro ao 1 de outubro – Bruxelas e online
    Evento da Comisión Europea que Europea que reunirá durante 3 días en Bruxelas aos principais actores relacionados coa Misión Cáncer para conmemorar o seu quinto aniversario. Haberá a posibilidade de conectarse online a algunhas das sesións (ver axenda). Rexistro aberto ata o 1 de outubro.
  • IHI Forum 2026
    20-21 de outubro – Bruxelas e online
    IHI organiza en Bruxelas o seu Forum 2026 baixo o lema ¨Trasladar a investigación a un impacto a longo prazo¨. Será unha oportunidade para compartir experiencias e ideas e para xerar novas colaboracións. Rexistro aberto.
  • Horizon Europe Info Day: Horizontal Activities
    16 de outubro – online
    Xornada informativa online sobre as convocatorias “Nature” e “Bridging” do Programa de Traballo de Horizonte Europa 2026-2027. Ainda que se trata de convocatorias de carácter transversal, presentan oportunidades de interese para o ámbito da saúde (por exemplo, One Health). Será retransmitido en streaming a través da páxina do evento.
  • Brokerage event online: Horizontal Activities
    19 de octubro – online
    Plataforma online adicada á búsqueda de socios para a creación de consorcios para as convocatorias “Nature” y “Bridging” do Programa de Traballo de Horizonte Europa 2026-2027, organizado por CARE4BIO en paralelo al Info Day de la Comisión. Xa é posible o rexistro á mesma, ata o 19 de outubro.
  • European Research & Innovation Days
    10-11 de novembro – Bruxelas e online
    Trátase do evento de referencia en investigación e innovación da Comisión Europea, que reunirá en Bruxelas a tódolos axentes europeos para debatir como a investigación e innovación poden reforzar a competitividade, resiliencia e a soberanía tecnolóxica de Europa. Programa e rexistro ainda non dispoñible.
  • Brokerage event online: Programa de Traballo do Clúster de Saúde
    24-25 de novembro – online
    Plataforma online adicada á búsqueda de socios para a creación de consorcios para as convocatorias 2027 do Clúster de Saúde, organizado por HNN3.0 en paralelo ao Info Day da Comisión. O rexistro abrirase o 24 de novembro de 2026 e permanecerá aberto ata o 23 de xaneiro de 2027.
  • Horizon Europe Info Days—Cluster 1
    26 de novembro – online

    Xornada informativa online da Comisión Europea sobre as convocatorias 2027 do Programa de Traballo 2026-27 do Clúster de Saúde (CL1). O rexistro abrirase a principios de outubro.
 
Xestora de Contacto: Portal Ramos Vieiro
Correo: portal.ramos.vieiro@sergas.es
Teléfono: 981176844
Extensión interna: 292176