window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-9JJ3HS8MEW');

Procura de candidatos “Miguel Servet” para o grupo de Oncoloxía do INIBIC

O Grupo de Investigación de Oncoloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( INIBIC) busca candidato/a para a súa presentación á convocatoria publicada por parte do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade – ISCIII - “Contratos Miguel Servet I” (BOE Nº 5, 5 Xaneiro 2018) . Máis información:

2018-02-20T08:32:18+01:0020 Febreiro, 2018|

Procura de candidatos “Miguel Servet” para o grupo de Cardioloxía do INIBIC

O Grupo de Investigación de Cardioloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( INIBIC) busca candidato/a para a súa presentación á convocatoria publicada por parte do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade – ISCIII - “Contratos Miguel Servet I” (BOE Nº 5, 5 Xaneiro 2018). Máis información:

2018-02-20T08:30:57+01:0020 Febreiro, 2018|

Axudas a proxectos de investigación en saúde 2018 “Fundación Mutua Madrileña”

A Fundación Mutua Madrileña convoca a XV edición de Axudas á Investigación mediante a que vai seguir apoiando proxectos de investigación clínica que se desenvolvan no seguintes catro áreas: Oncoloxía. centrada no diagnóstico e tratamento de cancro de mama. Transplantes: Exclusivamente para melloras dos resultados de transplantes de órganos. Traumatoloxía e secuelas, incluídas as neurológicas [...]

2018-02-05T11:33:11+01:005 Febreiro, 2018|

CONECTA PEME 2018

Poñemos no seu coñecemento que a Axencia Galega de Innovación publicou a Convocatoria Conecta PEME 2018, para o fomento da cooperación entre as Pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación, a través de apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 [...]

2018-02-02T08:24:04+01:002 Febreiro, 2018|

Convocatoria aberta a proxectos de investigación en biomedicina e saúde “La Caixa”

A Fundación Bancaria "La Caixa" lanza unha nova convocatoria aberta a proxectos de investigación en biomedicina e saúde que ten por obxectivo identificar e impulsar as iniciativas máis prometedoras, de maior excelencia científica e con máis valor potencial e impacto social, xa sexa en investigación básica, clínica ou traslacional. Esta nova convocatoria terá carácter anual, [...]

2018-01-25T13:53:06+01:0025 Xaneiro, 2018|

Becas para proxectos de Investigación en Atención Primaria

A Rede Española de Atención Primaria abre a convocatoria das súas bolsas para proxectos de investigación A contía das bolsas será de 5.000 €. O prazo de presentación finaliza: 28 de febreiro de 2018 Contacto: Graciela Fernández Arrojo Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es Teléfono:981 17 81 50 Extensión interna: 292198 Máis información: www.reap.es Bases:

2018-01-25T14:09:32+01:0025 Xaneiro, 2018|
Go to Top