A Fundación Eugenio Rodríguez Pascual convoca as súas axudas á investigación biomédica 2026 que terán especialmente en consideración aqueles proxectos que amosen unha clara aplicabilidade práctica da investigación que se propoña.
A dotación económica non superará os 10.000 € para proxectos de 1 ano, ou 25.000 € para proxectos de dous anos, que poderán dirixirse a gastos de material inventariable, bens ou servizos, pero non a gastos de persoal.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de outubro
Xestora de contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón web: https://www.fundacioneugeniorodriguezpascual.es/ayudas