A Fundación Caser publica a súa novena convocatoria de Axudas á Investigación Sociosanitaria. Os proxectos de investigación presentados deben referirse á área sociosanitaria en temáticas de dependencia, atención integrada e atención centrada na persoa, primando os proxectos innovadores que aumenten o benestar, e que sexan de doada replicabilidade e transferencia.
Poderán presentarse propostas desde o campo de investigación nalgunha das seguintes áreas:
- Atención integrada.
- Coordinación sociosanitaria.
- Xestión de caso.
- Promoción da autonomía persoal.
- Tecnoloxía aplicada á integración sociosanitaria.
- Mellora da calidade de vida nos procesos de envellecemento.
Non se aceptarán proxectos orientados en exclusiva á área sanitaria ou á área social, sinon aqueles que integren ambas.
Os proxectos seleccionados poderán recibir unha financiación mínima de 5.000 euros e máxima de 20.000 euros durante un ano.
O prazo de presentación de propostas finaliza o 9 de outubro.
Xestora de contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón web: https://www.fundacioncaser.org/actividades/ayudas-a-la-investigacion-sociosanitaria