novembro, 2025
Detalles do evento
.tg {border:none;border-collapse:collapse;border-spacing:0;}.tg td{border-style:solid;border-width:0px;font-family:Arial, sans-serif;font-size:14px;overflow:hidden; padding:10px 5px;word-break:normal;}.tg th{border-style:solid;border-width:0px;font-family:Arial, sans-serif;font-size:14px;font-weight:normal; overflow:hidden;padding:10px 5px;word-break:normal;}.tg .tg-baqh{text-align:center;vertical-align:top}
Máis
Detalles do evento
| Programa do evento: |
A Asociación Española Contra o Cancro presentará, o vindeiro sábado, 29 de novembro, as Axudas á Investigación AECC 2025 concedidas na provincia da Coruña. Durante o acto, que se celebrará no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), a Asociación entregará Axudas —que este ano superan os 1,3 millóns de euros— a oito investigadores, que explicarán en que consisten os seus proxectos. Ao longo da xornada tamén se conmemorará o Día Internacional do Voluntariado —que se celebra cada 5 de decembro— con diferentes dinámicas. Ademais, organizaranse dúas mesas redondas sobre conceptos clave como humanización e innovación, e recoñecerase a colaboración das administracións públicas, medios de comunicación e universidades da provincia na loita contra a enfermidade.
A Dra. Rosario García Campelo, xefa de servizo de Oncoloxía do Chuac e responsable do Grupo de Investigación de Oncoloxía do INIBIC, moderará a primeira mesa de diálogo “Humanización no cancro dende a ciencia e o acompañamento“.
A segunda mesa será moderada pola Dra. Angélica Figueroa, responsable do Grupo de Plasticidade Epitelial e Metástase do INIBIC, titulada “Innovación para levar a ciencia ás persoas”.
Durante a xornada intervirán o presidente da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia da Coruña, Manuel Aguilar; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; e responsables de medios de comunicación, entre eles Francisco Javier Sánchez, director comercial e de márketing da Cadea COPE; Alejandro López Carballeira, director da Área de Informativos e Documentación da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia; Xosé Luís Vilela, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre; Rubén Ventureira, director editorial de Editorial La Capital; Daniel Domínguez, director de La Opinión A Coruña; e Pablo Grandío, director de Quincemil.
Os adxudicatarios das Axudas de 2025 son a Dra. María de la Fuente —DIVERSA Technologies—, Dr. Ashwin Woodhoo —CiMUS—, Javier Alberto Rojas —IDIS—, Dr. Pablo Aguiar —CiMUS—, Ailenis Rosales —INIBIC—, Dr. Jorge Barbazán —IDIS—, Dra. Lucía Sanjurjo —IDIS— e Marcos de Blas —INIBIC—.
Hora
Día (Sábado)
Localización
Palacio de Exposiciones y Congresos de A Coruña (Palexco)
Organizador
Asociación Española Contra el Cáncer
