O programa OPORTUNIUS, da Axencia Galega de Investigación (GAIN) está a organizar un taller de preparación de propostas ás convocatorias do European Research Council (ERC) 2025-2026: Starting Grant (StG), Advance Grant (AdG), Consolidator Grant (CoG) e Synergy Grant (SyG).
A formación realizarase o día 18 de marzo de 2025 nas instalacións de GAIN.
Este Programa ofrece a potenciais candidatos servizos de asesoramento e revisión de propostas e organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas dirixidos a persoal investigador vinculado ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC e aos institutos de investigación sanitaria.
O taller será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC. Tamén participará Manuel Souto, investigador Oportunius adscrito ao CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, que compartirá cos asistentes a súa experiencia na preparación da súa Starting Grant, conseguida en 2021.
O número de prazas é limitado.
Teléfono: 981176844
Extensión interna: 292176
Enlace Convocatoria: http://gain.xunta.gal/eventos/644/taller+preparacion+propuestas+erc+2025-2026
Programa do Evento: http://gain.xunta.gal/repo/1-ProgramaPreparacionPropostasERCcast.pdf