Trasládase información dos “Premios de Innovación Científica para Jóvenes Investigadores” convocados pola Fundación Pfizer.

A Fundación Pfizer abre a convocatoria da XXVII edición dos “Premios de Innovación Científica para Jóvenes Investigadores”, que recoñecen a labor de científicos e científicas de ata 40 anos cuxos traballos foran publicados en revistas científicas e citadas no Science Citation Index en 2025.

Convócanse en dúas categorías: Básica e Clínica, con 15.000 euros de premio para cada unha delas..

Valorarase especialmente, a aplicabilidade futura dos resultados publicados nos artigos e a aproximación innovadora do traballo desenvolto.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 10 de abril de 2026, inclusive.